novembro, 2025

22nov18:30"O diamante máxico". Teatro para crianzas e maiores coa compañía Disque FanAula Xulio Cuns (Betanzos). 18H00

Sinopse

Alhoí, unha das flores máis alegres dunha fermosa fraga, é raptada por Roscabrok, home moi rico, avaro e rosmón, que desexa facerse co diamante máxico que os pais de Alhoí herdaron dos seus antergos. Moi desgustados, eles piden a Louren, o Sol, que faga todo o posible para atopar a Roscabrok, entregarlle o diamante e rescatar así a súa filla. Louren inicia unha viaxe en busca da cova do temible Roscabrok, acompañado por Trompi, a mascota de Alhoí. A través dos diálogos e da acción de “O Diamante Máxico” exprésanse e amósanse valores humanos como o respecto ás persoas e á natureza, a comprensión, a colaboración, a axuda, o compromiso, a solidariedade, a xenerosidade, o perdón e o gusto pola lectura.

GUIÓN: Sabela Tizón e José L. González

DIRECCIÓN: José L. González e Sabela Tizón

MÚSICA: Juan Ouviña e Sarita Couce

MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN: Sabela Tizón

VESTIARIO: Sabela Tizón

DECORADOS: Sabela Tizón e Rafael Fernández

Máis

Cando

22 novembro 2025 - 18:30

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir

“O diamante máxico”. Teatro para crianzas e maiores coa compañía Disque Fan
X