novembro, 2024

08nov20:00Documental "Negro púrpura" en BetanzosNa Sala Azul do Ed. Arquivo. Entrada libre.

Sinopse

As directoras Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva asinan esta documental sobre aprodución e comercio do caruncho na Galiza de hai poucas décadas. Un filme que contén o testemuño de informantes do noso concello de Paderne!

Será na Sala Azul do Ed. Arquivo de Betanzos ás 20h00. Entrada libre.

LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicina popular e a CIA conectadas por un cogomelo alucinóxeno coñecido como “ouro negro” na Galicia do século XX. Este documental desvelanos un dos lugares con maior produción do mundo: Galicia.

Este cogomelo alucinóxeno, que xermola nos cereais, abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no futuro da cultura e da economía de Galicia ao longo do século XX. Desde os campos de centeo ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias espalladas que nos deixan un regusto amargo a pan de centeo, historias que repercuten máis aló dos océanos. Unha codia que contén unha miga delirante.

Máis

Cando

8 novembro 2024 - 20:00

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir

Documental “Negro púrpura” en Betanzos
X