abril, 2025

26abr09:3021:00A Revolución Galega de 1846. A nova perspectivaROTEIROS DE PRIMAVERA 2025Monumento a Antolín Faraldo (Betanzos, zona Ponte Vella)

Sinopse

Os acontecementos de 1846, cuxo episodio máis coñecido até agora é o do fusilamento dos Mártires de Carral, son obxecto de estudo e reinterpretación por parte dunha nova xerazón de investigadores. A Revolución Galega dese ano, en cuxas proclamas se chegou a incluír a independencia de Galiza, é o obxecto deste primeiro dos Roteiros de Primavera de 2025. Terá tres localizacións: Betanzos, Carral e Santiago.

Saída ás 09h30 de Betanzos (monumento a Antolín Faraldo, zona da Ponte Vella). Faraldo e os sucesos de 1846 en Betanzos, a cargo de Henrique del Río. Ás 11:30 horas, roteiro teatralizado en Carral a cargo de VÍA GALEGA. Pola tarde, roteiro explicativo da Revolución Galega do 1846 en Santiago de Compostela, da man de César Caramês. Chegada sobre as 21h00 a Betanzos. Xantar en Carral, en espazo aberto. Traer comida.

Máis

Cando

26 abril 2025 - 09:30 - 26 abril 2025 - 21:00

Onde

Monumento a Antolín Faraldo (Betanzos, zona Ponte Vella)

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir

A Revolución Galega de 1846. A nova perspectiva
X