Poñémonos en contacto con vostede para comunicarlle a realización dasXI XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A INTERCULTURALIDADE: “A XESTIÓN DA DIVERSIDADE CULTURAL DESDE O ÁMBITO LOCAL” que terán lugar o xoves 25 e venres 26 de abril de 2013, no Centro tecnolóxico de Arteixo (Av. Arsenio Iglesias, s/n – Arteixo) organizadas pola ONGD Ecos do Surcó patrocinio da Concellería de Servicios Sociais doConcello de Arteixo, e coa colaboración daAsociación Mestura.
Entre os obxectivos das xornadas están formar nos modos, tendencias e ámbitos da xestión da diversidade cultural desde un enfoque de actuación local e municipal; presentar boas prácticas recoñecidas en materia de xestión da diversidade cultural e desenvolvidas dende ámbitos municipais e locais; dar a coñecer pautas efectivas de intervención có colectivo migrante aos profesionais do sector público e do terceiro sector de Galicia; establecer un punto de encontro entre diversos profesionais da intervención social a nivel autonómico e estatal que propicie a creación de novas formas de traballo e, con elo, a apertura de novos proxectos en Galicia no ámbito da integración dos colectivos en situación de especial vulnerabilidade; e fomentar a participación das persoas como parte activa da intervención e a transformación social.
As Xornadas completaranse cun caso práctico relacionado coa temática das xornadas (3h) para ser desenvolvido dende casa polas persoas asistentes e a súa posterior resolución online do mesmo por parte do persoal técnico de Ecos do Sur.
No tríptico que adxuntamos poden atopar máis información sobre estas xornadas, así como en http://ecosdosur.blogspot.com/ ou en www.facebook.com/ongecosdosur. Outorgarase certficado de asistencia que pretendemos sexa homologado por 1 crédito de libre configuración pola UDC (pendente de aprobación).
Agardando que sexa do seu interese, desexamos contar coa súa presenza nestas XI Xornadas.
Data límite de inscrición ata as 20h do martes 23 de abril.
Atentamente,
Patxi Hurtado
Director de Ecos do Sur
—
ONGd ECOS DO SUR
C/ Angel Senra 25, 1º
15007 A Coruña
Tfno: 981 150 118 Fax: 981 168 349
Mail: ong@ecosdosur.org
Web: www.ecosdosur.org
Nuestras noticias: http://ecosdosur.blogspot.com/