Para conmemorar os dous anos da iniciativa cidadá de recuperación do cárcere da Torre como centro sociocultural e da memoria, as xentes de Proxecto Cárcere reunirémonos en frente do edificio ás 12h do Domingo 25 de Novembro.
Tendo o cárcere como testemuña falaremos dos avances e retrocesos deste dous anos, e de como estes nos teñen impulsado para asumir novos proxectos e encontrar perspectivas desde as que continuar con esta iniciativa.
Despois brindaremos co doce sabor do chocolate por un novo ano no que esperamos conseguir que as nosas voces sean ouvidas e que as autoridades estean a altura da cidadanía da Coruña.
Proxecto Cárcere convida ao chocolate e as/os asistentes só teñen que traer a súa propia taza e o que queiran para compartir.
Agradecemos a todas as persoas, colectivos, veciñas e veciños da nosa cidade polo seu apoio sempre cálido que nos dá a enerxía e entusiasmo para seguir con esta iniciativa de recuperación do cárcere como centro sociocultural e da memoria.
Tamén queriamos agradecer aos medios de comunicación pola seu interese e por darnos visibilidade nos diferentes momentos de Proxecto Cárcere.
Esperamos poder contar con todas e todos neste día e pasar unha mañá entretida co fondo da fermosa paisaxe do mar e do cárcere que nos fai bulir, crear e unírmonos para construir a nosa propia cidade, a nosa propia historia.
Un ano máis, parabéns Proxecto Cárcere!
*No caso de forte choiva adiarase a chiculatada para outro domingo. Información no noso blogue.
Proxectos actuais de Proxecto Cárcere.
– Programa “Ondas do Cárcere” na radio comunitaria CuacFM (103.4 FM) cada quince días, os venres de 21h a 22h. O primeiro programa tivo lugar o venres 9 de Novembro e foi adicado á liberdade. Este venres 23 de Novembro teremos como tema central a historia, características e potencial do edificio do cárcere.
– Proxecto Cárcere foi seleccionada para participar no Off Culturgal no apartado “99% Creatividade” que terá lugar oSábado 1 de Decembro a partir das 17h no Garaxe Culturgal en Pontevedra.
– Colaboramos coa RedeTransibérica de Espazos Culturais Independentes desde o I Encontro en Xuño de 2011. A Rede constituíuse en resposta á necesidade deste sector para incidir nas políticas culturais de forma colectiva e conseguir o recoñecimento do sector cultural independente perante a sociedade e á administración pública, reivindicando o valor da cultura como mecanismo de transformación social e recuperación do espazo público.
– Durante os próximos meses continuaremos coa divulgación do Plan de Viabilidade de Proxecto Cárcere con actividades artístico-educativas nos diferentes espazos públicos e de colectivos e asociacións da nosa cidade, para dar a coñecer o proxecto nos diferentes barrios e enriquecérmonos con novas propostas. Información detallada destas actividades será comunicada próxima a súa execución.
Para mais información contactar con Proxecto Cárcere:
ou visitor o noso blogue :
—
Xestión email Proxecto Cárcere – GdT Comunicación
—–
Proxecto Cárcere – A Coruña
proxectocarcere@gmail.com
WIKI Proxecto Cárcere (click para abrir)
BLOGUE Proxecto Cárcere
Facebook Proxecto Cárcere