“As Travesas, un gran castro mariñán”
O próximo día 7 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Pontedeume Antón Malde, director da intervención arqueolóxica no castro de As Travesas, falará dos resultados das escavacións dos anos 2007 e 2008.
O castro de As Travesas alcanza unha superficie entre 6 e 12 ha, o que o convirte quizá no castro máis grande da provincia de A Coruña, puidéndose considerar como unha pequena cidade ou oppida. Os contextos e resultados arqueolóxicos están de acorde con este carácter, dos que dará conta o seu escavador.