-
O II Roteiro Circular “Para non perderse” vaise realizar mentras non se comunique o contrario.
No caso de que se entenda que se darán condicións meteorolóxicas que desaconsellan a súa realización por non garantir as necesarias condicións de seguridade para os participantes, entre as 18:00 e as 22:00 horas do día 17 como límite emitiremos un comunicado na nosaWeb, Facebook, Twitter e Correo Electrónico. Pedimoslle a todos aqueles que teñan previsto participar que lembren facerlle unha visita a calquera desas fontes antes de dirixirse ao Pindo o día 18 para descartar a pouco probable suspensión do evento.Grazas!
II Roteiro Circular Monte Pindo “para non perderse”
A Asociación Monte Pindo Parque Natural convídate a acompañarnos nun macroroteiro que desenvolveremos o sábado 18 de maio polo Monte Pindo desde as 10:00 horas con saída e chegada no lugar do Pindo.
Cartel do evento |
Trátase dun roteiro circular (con saída e chegada no mesmo punto, a praza da Solaina do Pindo) e un chisco máis longo dos que vimos facendo de xeito habitual, deseñado para visitar nunha mesma xornada algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos nosos antergos, coma o Pico Penafiel, o Castelo de San Xurxo, o Xigante da Mina, a Cova da Xoana ou o Cadoiro do Ézaro coa súa maxestuosa fervenza desde un punto de vista pouco habitual, facendo cumio na Laxe da Moa, visita obrigada.
A asistencia por suposto é libre e gratuita. Os participantes deberán traer o seu xantar, roupa e calzado cómodos e acaídos ás condicións meteorolóxicas do día, e auga.
Con esta iniciativa, a Asociación Monte Pindo pretende ademais instruir aos veciños e visitantes inexpertos nas súas visitas ao Olimpo Celta, e evitarmos os recorrentes episodios de extravíos. Mentras que o Monte Pindo non sexa Parque Natural e por tanto mentras non se corrixan os graves déficits na súa sinalización, a formación é o único xeito de minimizar o risco de perderse, por iso animamos a veciños e visitantes a acompañarnos neste roteiro que, sen dúbida, non deixará a ninguén indiferente.
En detalle
- Trazado: Pindo-Moa-Penafiel-Cadoiro-Pindo
- Distancia: Arredor de 10 quilómetros
- Duración: 5-6 horas (sen contar paradas)
- Dificultade: Media
- Traer xantar e roupa e calzado seguros, cómodos e axeitados ás condicións do día
- Máis información: www.montepindo.org ou escribenos a info@montepindo.org
—
O Rabecho s/n, 15296 O Pindo (Carnota) A CORUÑA