Posted: 04 Dec 2012 04:08 AM PST
Mesa de Traballo dirixida a técnicos de Grupos de Acción Costeira, persoal das confrarías e sector do mar, profesionais do turismo e desenvolvemento, medio ambiente, educadores ambientais, xestores dos recursos naturais, empresas servizos turísticos e público en xeral.
DATA: MARTES 11 DE DECEMBRO DE 2012
HORA: 17.00 A 20.00 HORAS
LUGAR: CASA DO MAR DE SADA (3ª PRANTA). Avda. do Porto, 21. 15160 Sada
O Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro” está a traballar desde o ano 2008 no impulso de estratexias para a mellora do sector do mar e a área do Litoral. Por outra banda, os axentes da innovación están a deseñar solucións aos retos que afronta o sector do mar. O obxecto desta Xornada é coñecer as oportunidades que xurden da colaboración entre o sector do mar e os axentes adicados á investigación e innovación.
|
Posted: 04 Dec 2012 04:04 AM PST
Xornada dirixida a técnicos de Grupos de Acción Costeira, persoal das confrarías e sector do mar…, profesionais do turismo e desenvolvemento, medio ambiente, educadores ambientais, xestores dos recursos naturais, empresas servizos turísticos e público en xeral.
DATA: 10 DE DECEMBRO DE 2012
HORA: 17.00 A 20.00 HORAS
LUGAR: CASA DO MAR DE SADA (3ª PRANTA). Avda. do Porto, 21. 15160 Sada
O Golfo Ártabro contén destacados valores e recursos naturais que tamén deben ser conservados para asegurar a continuidade das actividades marisqueiras e mariñeiras. O obxecto desta Xornada é coñecer as oportunidades que xurden para a conservación ambiental das rías do Golfo Ártabro, a visión desde o sector do mar, así como as estratexias postas en marcha para mellorar o estado de conservación destes espazos naturais.
DESCARGAR PROGRAMA IInscrición gratuíta: gacgolfoartabro@gmail.com |
Axenda
Este mesnovembro, 2024
Roteiros