Neste sábado día 2 de marzo temos programada unha camiñada pola Rota da Ribeira, no concello de Ponteceso. Sairemos de Arteixo ás 9:30h, para comezarmos ás 10.30h da mañá. A súa lonxitude é de 14 quilómetros, cunha duración aproximada de 5 horas; ademais, contaremos cunha visita guiada durante a mesma.
Enviamos adxunto o cartaz da actividade e un documento con toda a información.
http://montedaestrela.org/caminada-pola-rota-da-ribeira-ponteceso