No próximo domingo 28 de abril temos programada unha rota polos antigos e abandonados camiños de ferro, na súa pasaxe polo veciño concello de Culleredo. A camiñada partirá ás 10h da parroquia de Morás, en Arteixo, concretamente no lugar de Canzobre, con destino á antiga estación de Bregua, ponto de inicio da nosa aventura polos camiños de ferro, que nos han de guiar por un túnel de 2,4 Km. Deixaremos os anteditos camiños, e ascenderemos ao monte da Croa, onde se encontra o Castro de Santa Baia, para pouco despois enxergarmos o Castro de Candesuso. Proseguiremos ascenso até O Carboeiro, para descermos posteriormente a Bregua, e comezar deste modo, o camiño de volta até Canzobre.
Para máis información premede na ligazón.
http://montedaestrela.org/rota-polos-caminos-de-ferro-de-arteixo-a-culleredo