Programación do mes de Abril na
Fundación Wenceslao Fernández Flórez
Sábado 6. Falando de… “Inventos curiosos”, ás 19.00h.
Domingo 7. Té con Historias, tertulia dedicada a Vicente Risco: lectura e comentario dalgúns dos seus escritos. Ás 18.00h.
Venres 12. O grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, representará a obra Mesa para dous no Centro Calvo Sotelo ás 21.30h.
Sábado 13. Sesión infantil A Caixa dos Contos Favoritos, ás 19.00h.
Domingo 14. Práctica de croquet, ás 18.00h.
Sábado 20. Conmemoramos o Día Mundial do Libro coa presentación da novela A guerra lánguida de Álvaro de Castro, de Pablo González Mariñas. Acompañará ao autor Luis Rodríguez Cao, editor da obra. Será ás 19.00h.
Domingo 21. O grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, representa Mesa para dous na Sala Gurugú, (Agra do Orzán, 3 – A Coruña) ás 18.00h. Con tal motivo, a sesión do Club de Lectura que ía ter lugar este día pasaráse para o domingo 28.
Sábado 27. Maratón de Lectura: El secreto de Barba Azul, de WFF. 19.00h.
Domingo 28. Club de Lectura dedicado a Miguel Delibes e á súa novela La sombra del ciprés es alargada. 18.00h.
—
Fundación W. Fernández Flórez
Villa Florentina
Apeadeiro, 14 ~ Cecebre
15650 Cambre (A Coruña)
Telf. / fax: 981 676 052
Para saber máis:http://wenceslaofernandezflorez.org/WFF